ⓘ Xosemaría Pérez Parallé

                                     

ⓘ Xosemaría Pérez Parallé

Xosé María Pérez Parallé, que asinaba con frecuencia como Xosemaría Pérez Parallé, nado en Ferrol o 4 de agosto de 1909 e finado en Fene o 1 de novembro de 1987, foi un mestre e escritor galego.

                                     

1. Traxectoria

A súa actividade cultural comezou en Santiago de Compostela, cidade na que realizou estudos universitarios de Dereito, Filosofía e Letras e Maxisterio, colaborando tamén en diversos xornais e participando dalgunhas iniciativas como a fundación da revista Abrente, xunto con Filgueira Valverde e outros escritores.

Regresou a Ferrol, onde participou na publicación republicana Renovación, así como nas actividades do Centro Obreiro de Cultura. Paralelamente comezou a desenvolver un intenso traballo poético que en gran parte permaneceu inédito até despois do seu pasamento, a pesar de recibir algúns premios puntuais, como un diploma no Certamen del Trabajo de 1935. A chegada da guerra civil truncou a meirande parte das súas actividades públicas. O autor limitouse ao seu traballo como mestre no Centro de Enseñanza General de Ferrol. Co tempo estabeleceuse na parroquia de Barallobre, no concello de Fene, próximo a Ferrol, terra na que pasou boa parte da súa vida e coa que estabeleceu unha fonda ligazón persoal, polo que foi denominado popularmente como o poeta do Penedo, lugar desta parroquia onde residiu.

Entrou a traballar en Astano de peón caldeireiro, e pasou a facerse cargo do arquivo e biblioteca do estaleiro. No anos sesenta fíxose cargo dos labores de dinamización cultural do Círculo Mercantil e Industrial Unidad de Fene, mentres seguiu a recibir premios nacionais e internacionais: entre eles o de 1964 da Radio-Televisión Francesa a dous poemas do seu libro Cartafol da saudade, ou a mención nos Xogos Florais de Pamplona de 1975. Faleceu en 1987. Nese mesmo ano, o Círculo Mercantil creou, na súa honra, o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé. Dende entón ten recibido multitude de homenaxes. En Ferrol foi nomeado Fillo predilecto da cidade e déuselle o seu nome a unha rúa do seu barrio natal, Canido. En Fene, ademais de apoiar o premio literario, o concello puxo o seu nome á Biblioteca Municipal, e tamén lle adicou un banco na Praza do Camiñante Descoñecido, dedicas aos máis destacados autores galegos. Frecuentemente organízanse tamén homenaxes á súa persoa por parte das asociacións culturais de Fene, así como unha forte reivindicación para que sexa homenaxeado no Día das Letras Galegas.

                                     

2. Popularidade

A pesar de ser un autor que deixou boa parte da súa obra inédita e outra en edicións pequenas e mal distribuídas, Pérez Parallé gozou de sona na súa comarca. O seu estilo poético era sinxelo e pretendía estar próximo ás clases populares, empregando frecuentemente formas da literatura oral, fuxindo do eruditismo e tendo a Celso Emilio Ferreiro como un dos referentes. Considerábase a si mesmo, máis un segrel ca un poeta. Ademais disto, o autor colaborou frecuentemente en iniciativas culturais: foi letrista das rondallas de Ferrol, así como do certame de música infantil Cantareliña, creando composicións populares como a dun esconxuro da Queimada.

                                     

3. Obra

Existen dificultades, debido ao seu espallamento, de dar conta precisa de toda a obra escrita do autor. Algunhas edicións destacadas son:

  • Dorna romeira, Fene, 1985
  • Esteiro, saga romancera dun barrio perdido, 1975
  • Esconxuro da queimada, Xuvia, 1973
  • Cartafol da saudade, 1963
  • Mariñanas: Retábulo betanceiro, Hispania, Xuvia, 1961
  • Poemas e cantigas, 1995 póstuma
  • Chanteiro: poemario sinxelo, Centro Cultural Outeiro, 1990 póstuma
                                     
  • Poesía Xosémaría Pérez Parallé convócao cada ano desde 1987 o Círculo Mercantil e Industrial - Unidad de Fene como homenaxe a Xosé María Pérez Parallé o día
  • Sermos Galiza. No 2017 foi merecedor do Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé polo seu poemario presentado co título Murallas de pedra sen cemento
  • de Cal Fernández 1936 Entre os seus colaboradores figuraron Xosemaría Pérez Parallé e Adriano Paz Suárez. Era laico, criticou a actuación dos gobernos
  • Louis Armstrong, trompetista de jazz estadounidense. 1909 - Xosemaría Pérez Parallé mestre e escritor galego m. 1987 1929 - Iaser Arafat, líder
  • colaboradores figuraban Carlos Ruíz del Castillo, Xosé de San Lois, Xosemaría Pérez Parallé Carlos Núñez Cea, Luis Jouve, Manuel López Sendón e Tirso Virgós
  • S. C. D. Condado. Gañadora do XXIII Premio Nacional de Poesía Xosémaría Pérez Parallé no 2010, por Nómade. Gañadora con Andrea Nunes Brións do premio