ⓘ John Howard Northrop

                                     

ⓘ John Howard Northrop

John Howard Northrop nado o 5 de xullo de 1891 en Yonkers, Nova York e finado o 27 de maio de 1987 en Wickenberg, foi un químico, bioquímico e profesor universitario estadounidense galardoado co Premio Nobel de Química ano 1946.

                                     

1. Biografía

Naceu o 5 de xullo de 1891 na cidade de Yonkers, no estado norteamericano de Nova York. Estudou química na Universidade de Columbia, pola que se doutorou en 1915. En 1916 incorporouse ao Instituto Rockefeller de Investigacións Médicas e en 1949 foi nomeado profesor da Universidade de California, cargo do que foi titular ata 1961.

Faleceu o 27 de maio de 1987 na cidade de Wickenberg, unha vila do condado de Maricopa, en Arizona.

                                     

2. Investigacións científicas

Durante a Primeira Guerra Mundial foi o encargado de conducir unha investigación ao servizo da guerra química do exército norteamericano acerca da produción de acetona e etanol mediante a fermentación. Posteriormente emprendeu investigacións sobre as propiedades químicas e actividades das encimas e en 1929 conseguiu obter pepsina en forma pura e cristalizada, determinando así mesmo as súas propiedades protéicas. Conseguiu cristalizar a tripsina e a quimotripsina, e, no transcurso das súas investigacións sobre substancias xeradoras é dicir, sobre os precursores inactivos das encimas, illou o pepsinóxeno e o tripsinóxeno.

ano 1938 illou e cristalizou o primeiro bacteriófago, un pequeno virus parasito que ataca bacterias, determinando que se trataba dunha nucleoproteína. En 1946 sinalou o proteinóxeno como a substancia nai de todas as proteínas presentes nas carnes, encimas, virus e anticorpos.

Obtivo en 1946 o Premio Nobel de Química a metade do cal compartiu con Wendell Meredith Stanley polas súas achegas a representación fiel das encimas e as viru-proteínas", recaendo a metade restante do Premio de devandito ano no químico James Batcheller Sumner.

                                     
  • Instituto Rockefeller de Investigacións Médicas, onde coñeceu a John Howard Northrop Foi membro do departamento de patoloxía animal e vexetal da Institución
  • metade do premio foi compartida polos químicos estado unidenses John Howard Northrop e Wendell Meredith Stanley. Premio Nobel de Química Páxina web do
  • galego. 1964 - Jawaharlal Nehru, político indio n. 1964 1987 - John Howard Northrop bioquímico estadounidense n. 1891 1988 - Claudio San Martín
  • John Howard Northrop e Wendell Meredith Stanley Fisioloxía ou Medicina: Hermann J. Muller Literatura: Hermann Hesse Paz: Emily Greene Balch e John R
  • 1889 - Jean Cocteau, escritor e cineasta francés m. 1963 1891 - John Howard Northrop bioquímico estadounidense, premio Nobel de Química en 1946 m. 1987
  • Paz - Andrade, político e escritor galego n. 1898 27 de maio - John Howard Northrop químico estadounidense, Premio Nobel n. 1891 2 de xuño - Andrés
  • Tiselius 1947 Sir Robert Robinson 1946 James Batcheller Sumner, John Howard Northrop Wendell Meredith Stanley 1945 Artturi Ilmari Virtanen 1944 Otto