ⓘ Álvaro Vieira Pinto

                                     

ⓘ Álvaro Vieira Pinto

Álvaro Vieira Pinto, nado en Campos dos Goytacazes, Estado do Río de Xaneiro, o 11 de novembro de 1909 e finado no Río de Xaneiro no día 11 de xuño de 1987.

                                     

1. Traxectoria

Álvaro Vieira Pinto estudou medicina en 1932 pola Facultade Nacional de Medicina do Río de Xaneiro. En 1934 ingresou na Ação Integralista Brasileira AIB, organización de inspiración fascista liderada por Plínio Salgado. No campo profesional dedicouse á investigación de laboratorio. Paralelamente, completou as carreiras de Física e Matemáticas na Universidade do Distrito Federal UDF. Alceu Amoroso Lima, entón reitor da UDF, deulle a praza de Lóxica matemática, disciplina por primeira vez impartida no país.

Máis tarde pasou a impartir Lóxica na Facultade Nacional de Filosofía FNFi da Universidade Federal do Río de Xaneiro. En 1941 comezou a colaborar na revista Cultura Política, publicación que reuniu ós máis expresivos intelectuais do Estado Novo, asinando a columna "Estudos e pesquisas científicas".

Tras pasar un ano estudando na Sorbona, en Paris, retornou ó Brasil en 1950, asumindo a cátedra de Historia da filosofía da FNFi, disciplina que impartía dende había anos en calidade de profesor asistente. A mediados de 1951 afastouse da investigación médica para se dedicar exclusivamente ó ensino e ó estudo da Filosofía. En 1955, a proposta de Roland Corbisier, accedeu á xefatura do Departamento de Filosofía do novo Instituto Superior de Estudos Brasileiros ISEB. Dende este cargo publicou a colección "Textos de Filosofia Contemporânea do ISEB" e o ensaio Consciência e realidade nacional, considerada súa obra filosófica máis sólida. En 1962 asumiu a dirección executiva do ISEB.

Co golpe militar que derrubou a Goulart o 31 de marzo de 1964 e a represión desencadeada a continuación, a sede do ISEB foi invadida e o 13 de abril os militares decretaron a disolución do instituto. Álvaro Vieira Pinto refuxiouse no interior de Minas Gerais e despois partiu para o exilio, primeiro en Iugoslavia e despois en Chile, onde traballou como investigador e profesor no Centro Latino-Americano de Demografía, órgano ligado á Organización das Nacións Unidas. En decembro de 1968, pouco antes do endurecemento do réxime militar, volveu ó Brasil. Na década de 1970, traduciu obras de autores consagrados como Arnold Toynbee, Georg Lukács, Noam Chomsky e Claude Lévi-Strauss, asinando con diferentes pseudónimos. En 1982 foi publicado o seu libro Sete lições sobre educação de adultos, orixinalmente notas sobre clases impartidas en Chile en 1966.

                                     

2. Obra

  • Consciência e Realidade Nacional.
  • O Conceito de Tecnologia 2 Vol.
  • Sete lições sobre educação de adultos.
  • Ideologia e Desenvolvimento Nacional.
  • A Sociologia dos Países Subdesenvolvidos.
  • Ciência e Existência.
  • A Questão da Universidade.
                                     

3. Véxase tamén

Bibliografía

  • CÔRTES, Norma. Esperança e democracia. As idéias de Álvaro Vieira Pinto. Río de Xaneiro: IUPERJ, 2001 tese de doutoramento en portugués.
  • Síntese do libro A Sociologia dos Países Subdesenvolvidos en portugués.
                                     
  • diplomático e escritor galego m. 2003 1908 - Maria Helena Vieira da Silva, pintora portuguesa m. 1992 1910 - Gonzalo Torrente Ballester m. 1999
  • artístico internacional, onde destacan os arquitectos contemporáneos: Álvaro Siza Vieira João Luís Carrilho da Graça Eduardo Souto de Moura Fernando Távora
  • seu traballo arquitectónico relaciónase co dos seus contemporáneos Álvaro Siza Vieira e Rafael Moneo. É membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando
  • redactores figuraron Emilio Álvarez Giménez, Torcuato Ulloa, Ángel Limeses Castro, Antonio Alonso, Ángel Cobián Areal, Ramiro Vieira e Anciles. A partir do
  • Sanmartín, na que estaban Álvaro Berasategui, Javier Vieira Pepe Temes, Constantino Berridy, Fernando Olmedo Reguera, Javier Pintos Fonseca e Ramón Señoráns
  • 1972 Primavera Autónoma das Estradas 1980 En 2017, Assírio & Alvim. Vieira da Silva, Arpad Szenes ou O Castelo Surrealista 1984 O Virgem Negra.
  • Méndez PPdeG José Manuel Baltar Blanco PPdeG Miguel Ángel Santalices Vieira PPdeG Roberto Castro García PPdeG Antonio Rodríguez Miranda PPdeG
  • de Goyán, pseudónimo de Eliseo Alonso, polígrafo. Álvaro Labrada, pseudónimo utilizado por Álvaro Cunqueiro, así como as súas siglas A.L.. Tamén usou
  • Viana do Castelo 1990 Con João Vieira Caldas. Editorial Presença. Teehaus Boa Nova Casa de Chá di Boa Nova - Álvaro Siza 1999 Luiz Trigueiros, Nuno
  • en la Real Academia Española PDF en castelán Asociación Cultural da Vieira Couceiro Freijomil, Antonio 1951 - 54 Diccionario Bio - bibliográfico de