ⓘ Georges Buchard

                                     

ⓘ Georges Buchard

Georges Buchard, tamén coñecido como Géo Buchard, nado en Harfleur o 21 de setembro de 1893 e finado o 22 de xaneiro de 1987, foi un tirador de esgrima francés, gañador de seis medallas olímpicas. Irmán do tamén medallista olímpico Gustave Buchard.

                                     

1. Traxectoria

Especialista na modalidade de espada, competiu por primeira volta nun campionato de Francia en 1921. participou con trinta anos nos Xogos Olímpicos de 1924 celebrados en París, gañando a medalla de ouro en espada por equipos e finalizando sétimo na proba individual. En 1925 logrou o seu primeiro campionato nacional francés, posición que repetiu en 1927. Nos Xogos Olímpicos de 1928 de Ámsterdan logrou dúas medallas de prata, individual e por equipos, metal que revalidou na proba individual nos Xogos Olímpicos de 1932 dos Ánxeles. Nestes mesmos xogos gañou, así mesmo, a medalla de ouro na proba por equipos. Finalmente, nos Xogos Olímpicos de 1936 de Berlín gañou a medalla de bronce na proba por equipos.

Ao longo da súa carreira gañou seis medallas no Campionato do Mundo de Esgrima, cinco delas de ouro.

                                     
  • 1928 de Ámsterdan co equipo francés de espada con Armand Massard, Georges Buchard Gaston Amson, René Barbier e Bernard Schmetz que logrou a medalla
  • 1928 de Ámsterdan co equipo francés de espada con Armand Massard, Georges Buchard Gaston Amson, Émile Cornic e Bernard Schmetz que logrou a medalla
  • Espada por equipos Francia Fernand Jourdant Bernard Schmetz Georges Tainturier Georges Buchard Jean Piot Philippe Cattiau Italia Saverio Ragno Giancarlo
  • Héctor Lucchetti Carmelo Carmet Espada individual Lucien Gaudin Georges Buchard George Calnan Espada por equipos Italia Carlo Agostoni Giulio Basletta
  • Birger Cederin Sven Thofelt Francia Henri Dulieux Philippe Cattiau Georges Buchard Paul Wormser Michel Pécheux Bernard Schmetz Sabre individual Endre