ⓘ Dámaso Carrasco Duaso

                                     

ⓘ Dámaso Carrasco Duaso

Dámaso Luis Ramón Carrasco Duaso, nado en Vilagarcía de Arousa en 1907 e finado no mesmo concello o 16 de xaneiro de 1987, foi un xornalista, fotógrafo e político galego.

                                     

1. Traxectoria

Fillo de Pío Carrasco Iglesias, que fundou unha consignataria de buques en Carril. A finais dos anos vinte incorporouse ao negocio familiar co seu irmán Pío Carrasco Duaso. Asistiu ao Pacto de Lestrobe. Foi correspondente de El Pueblo Gallego en Vilagarcía de Arousa de setembro de 1930 a 1936. Foi presidente da Irmandade Galeguista de Vilagarcía de Arousa e vicepresidente 1933 e foi elixido concelleiro do Partido Galeguista por Vilagarcía no III Congreso do Partido Galeguista 1934. Participou nos mitins da Fronte Popular para as eleccións de febreiro de 1936. Cando aconteceu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 traballaba na consignataria da súa familia, compartindo o traballo coa afección á fotografía. Foi detido, xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión o 21 de xaneiro de 1937 con outros republicanos de Vilagarcía, foi condenado a 12 anos e un día de prisión. Foi internado no campo de concentración San Simón, onde fixo algunhas instantáneas dos prisioneiros. Foi posto en liberdade por conmutación da condena en agosto de 1939. Tamén foi sancionado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas. En 1948 foi condenado a dous anos de prisión polo seu vencellamento á Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas.

                                     
  • Co nome de Dámaso Carrasco podemos referirnos a: Dámaso Carrasco Duaso político galego 1907 - 1987 Dámaso Carrasco García, político republicano de Zamora
  • permanecendo no posto ata o 29 de xaneiro de 1924. Foi pai de Pío e Dámaso Carrasco Duaso que a finais dos anos vinte se incorporaron ao negocio familiar
  • Fernandez Caamaño, Germán Quintela Novoa, Aurelio Parejo González, Dámaso Carrasco Duaso e Luís Bouza - Brey Trillo, foi condenado a cadea perpetua. Preso
  • Vilagarcía de Arousa compartiu responsabilidades como vicepresidente con Dámaso Carrasco Duaso Luís Bouza Brey, Xosé Moreira Casal e Germán Quintela Novoa. En