ⓘ Antonio Odriozola

                                     

ⓘ Antonio Odriozola

Antonio Odriozola Pietas, nado en Gasteiz o 1 de xuño de 1911 e finado en Pontevedra o 7 de decembro de 1987, foi un bibliógrafo, investigador e erudito vasco.

                                     

1. Traxectoria

Fillo de Victoriano Odriozola Egaña, director da Granja Modelo de Gasteiz. Fixo o Bacharelato en Gasteiz e estudou Dereito en Valladolid, Madrid e Santiago de Compostela. Despois da guerra civil empeza a centrarse na bibliofilia. En 1964 estableceuse en Pontevedra. Foi bibliotecario da Misión Biolóxica de Galicia ata a súa xubilación en 1981. Colaborou en Faro de Vigo e na Revista do Museo de Pontevedra.

                                     

2. Vida persoal

Estaba casado con Dolores Casalderrey Blanco e non tivo descendencia. Morreu atropelado a carón da súa casa polo trolebús que cubría a liña Pontevedra-Lérez.

                                     

3. Obra

  • Vigo en su historia 1980 xunto con Fernando Acuña, J. M. Álvarez Blázquez, Álvaro Cunqueiro, Antonio Meijide et alii.
  • Algunos problemas bibliográficos que plantean las obras de Nebrija 1945.
  • Camelias en Pontevedra 1974.
  • Bibliografía de Luis Seoane 1979.
  • Alegrías y tristezas de la investigación sobre impresiones españolas de los siglos XV y XVI 1986.
  • Ediciones incunables de Diego de Muros 1975.
  • Historia de la imprenta en Galicia 1992, con Xosé Ramón Barreiro.
  • La imprenta en Vigo 1980.
  • Las imprentas de Pontevedra en el siglo XIX 1989.
                                     
  • enxeñeiro agrónomo Miguel Odriozola Misión Biolóxica de Galicia e sobriño do bibliotecario e historiador Antonio Odriozola criouse nunha acomodada e
  • Fernando Acuña, J. M. Álvarez Blázquez, Álvaro Cunqueiro, Antonio Meijide, Antonio Odriozola et alii 1980 Caja de Ahorros Municipal de Vigo, ed. Vigo
  • historia con Fernando Acuña, J. M. Álvarez Blázquez, Álvaro Cunqueiro, Antonio Odriozola et alii 1980. Documentos para la historia de las reales fábricas
  • A Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola forma parte da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e da Rede de Bibliotecas Públicas do Estado
  • con J. M. Álvarez Blázquez, Arturo Conde, Álvaro Cunqueiro, Antonio Meijide, Antonio Odriozola et alii. La romanización de Galicia, 1997, Edicións do Castro
  • desnivel de 750 metros. A idea da súa construción xurdiu de José Antonio Odriozola expresidente da Unión Europea de Montañismo oriúndo da comarca
  • exposición bibliográfica Miguel Hernández, ordenada e preparada por Antonio Odriozola de doce páxinas de extensión. A asociación colabora tamén coa Editorial
  • Antonio Odriozola Avelino Gómez Ledo, Xesús Alonso Montero, Perfecto Conde Muruais, Xosé Ramón Fernández - Oxea, José Fariña Jamardo, Juan Antonio Porto
  • Historia de la Prensa Gallega 1800 - 1986. Sada. ISBN 84 - 7492 - 489 - 8. Odriozola Pietas, Antonio 1989 Deputación Provincial, ed. Las imprentas de Pontevedra
  • Antonio de Cominges Tapias, nado en Vigo o 24 de xullo de 1897 e finado ibídem o 27 de xaneiro de 1987, foi un arquitecto galego. Licenciouse en Madrid
  • escala. Destaca o paseo con dobre fila de camelias chamado Paseo de Antonio Odriozola en honor do estudoso deste xénero. Conduce cara o viveiro e a cancha