ⓘ Randolph Scott

                                     

ⓘ Randolph Scott

George Randolph Scott, nado en Orange County o 23 de xaneiro de 1898 e finado en Beverly Hills o 2 de marzo de 1987 foi un actor estadounidense.

                                     

1. Traxectoria

Creceu en Charlotte, Carolina do Norte, nunha familia acomodada que lle permitiu asistir a escolar privadas. Desde pequeno amosou un grande interese polos deportes. En 1917 alistouse no Exército dos Estados Unidos e serviu en Francia durante a Primeira Guerra Mundial. Tralo armisticio permaneceu en Francia nunha escola de oficiais de artillería, ata que en 1919 volveu ao seu país e continuou os seus estudos no Georgia Institute of Technology coa intención de converterse en xogador de fútbol americano. Porén, unha lesión malogrou o obxectivo. Marchou logo para a University of Chapel Hill, estudando enxeñería téxtil.

A partir de 1927 viuse interesado pola interpretación e decidiu marchar aos Ánxeles na busca dunha carreira no cinema. Como o pai de Scott tivera negocios con Howard Hughes puido darlle unha carte de presentación. Hughes deulle a Scott un pequeno papel en Sharp Shooters 1928. Durante os seguintes anos continuou traballando como extra e, por consello de Cecil B. DeMille, tamén en obras teatrais para coller experiencia.

O seu primeiro protagonista chegou en 1931 en Women Men Marry. Finalmente asinou un contrato de sete anos coa Paramount Pictures. O ano seguinte protagonizou Heritage of the Desert, que o estableceu como un actor especialista en westerns, participando unha serie de filmes baseados en obras de Zane Grey. En 1935 xa era un actor popular.

Cando os Estados Unidos entraron na Segunda Guerra Mundial intentou entrar como oficial nos Marines, pero foi rexeitado pola súa antiga lesión. Eses anos interve en varios filmes de guerra.

En 1956 cumpriu 58 anos, idade na que a carreira da maioría dos actores comezaba a declinar. Non obstante, Scott comezou unha etapa moi aclamada, co seu encontro co director Budd Boetticher. O seu último filme foi Ride the High Country, de Sam Peckinpah, en 1962. Cando se retirou aos 64 anos tiña unha fortuna estimada de cen millóns de dólares.

                                     

2. Filmografía

  • 1936 - She
  • 1945 - Abilene Town
  • 1950 - Trail Street
  • 1940 - When the Daltons Rode
  • 1938 - Rebecca of Sunnybrook Farm
  • 1958 - Westbound
  • 1933 - Hello, Everybody!
  • 1936 - Go West, Young Man
  • 1959 - Cabalgar en solitario
  • 1952 - Man Behind the Gun
  • 1951 - Man in the Saddle
  • 1960 - Comanche Station
  • 1936 - The Last of the Mohicans
  • 1939 - Frontier Marshal
  • 1950 - Canadian Pacific
  • 1952 - Os forasteiros
  • 1932 - Heritage of the Desert
  • 1939 - Susanna of the Mounties
  • 1935 - Roberta
  • 1942 - To the Shores of Tripoli
  • 1933 - Cocktail Hour
  • 1953 - Riding Shotgun
  • 1933 - Man of the Forest
  • 1950 - Fighting Man of the Plains
  • 1931 - A Successful Calamity
  • 1956 - Seven Men from Now
  • 1951 - Carson City
  • 1936 - Follow the Fleet
  • 1936 - So Red the Rose
  • 1957 - Decision at Sundown
  • 1943 - Pittsburgh
  • 1950 - Rage at Dawn
  • 1952 - The Stranger Wore a Gun
  • 1932 - Hot Saturday
  • 1941 - Western Union
  • 1956 - The Tall T
  • 1940 - Virginia City
  • 1939 - Jesse James
  • 1942 - Bombardier
  • 1955 - Rage at Dawn
  • 1952 - Thunder Over the Plains
  • 1962 - Ride the High Country
  • 1942 - The Spoilers
  • 1949 - The Walking Hills
  • 1957 - Shootout at Medicine Bend
  • 1931 - Women Men Marry
  • 1941 - Belle Starr
  • 1928 - Sharp Shooters
  • 1951 - Fort Worth
  • 1943 - The Desperados
  • 1943 - Gung Ho!
  • 1942 - Corvette K-225
  • 1929 - Weary River
  • 1950 - Badmans Territory
  • 1933 - Murders in the Zoo
  • 1947 - Gunfighters
  • 1945 - O capitán Kidd
  • 1936 - Village Tale
  • 1933 - The Thundering Herd
  • 1929 - The Virginian
  • 1950 - The Cariboo Trail
  • 1948 - Coroner Creek
  • 1958 - Buchanan cabalga de novo
  • 1936 - High, Wide, and Handsome
  • 1932 - Sky Bride
  • 1935 - Rocky Mountain Mystery
  • 1933 - Supernatural
  • 1943 - China Sky
                                     

3.1. Véxase tamén Bibliografía

  • Mueller, John. Astaire Dancing: The Musical Films. Nova York: Alfred A. Knopf, 1985. ISBN 0-394-51654-0.
  • Everson, William K. The Hollywood Western: 90 Years of Cowboys and Indians, Train Robbers, Sheriffs and Gunslingers, and Assorted Heroes and Desperados. New York: Citadel Press, 1992, First edition 1969. ISBN 978-0-8065-1256-3.
  • Nott, Robert. The Films of Randolph Scott. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company, 2004. ISBN 0-7864-1797-8
  • Nott, Robert. Last of the Cowboy Heroes: The Westerns of Randolph Scott, Joel McCrea and Audie Murphy. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland, 2005, First edition 2000. ISBN 978-0-7864-2261-6.
  • Scott, C.H. Whatever Happened to Randolph Scott? Madison, Carolina do Norte: Empire Publishing, 1994. ISBN 0-944019-16-1.
  • Halliwells Film Guide 2008 Halliwells the Movies That Matter. New York: Harper Collins, 2008. ISBN 978-0-00-726080-5.
  • Crow, Jefferson Brim, III. Randolph Scott: The Gentleman From Virginia. Silverton, Idaho: Wind River Publishing, 1987. ISBN 0-940375-00-1.


                                     

3.2. Véxase tamén Ligazóns externas

  • Randolph Scott na IMDb en inglés.
  • Randolph Scott en Virtual History
                                     
  • David Randolph Scott nado en San Antonio, Texas, o 6 de xuño de 1932, é un astronauta estadounidense que formou parte das misións Gemini 8, Apollo 9 e
  • estadounidense de 1959 dirixido por Budd Boetticher e protagonizado por Randolph Scott Karen Steele, Pernell Roberts, Lee Van Cleef e James Coburn, no seu
  • estadounidense de 1958 dirixido por Budd Boetticher. Está protagonizado por Randolph Scott Craig Stevens e Barry Kelley. Está baseado na novela de 1956 The Name s
  • dirixido por Andre DeToth e protagonizado por Randolph Scott Lucille Norman e Raymond Massey. Randolph Scott como Silent Jeff Kincaid Lucille Norman como
  • filme antes de retirarse. Está protagonizado por Charles Laughton, Randolph Scott e Barbara Britton. Foi producido por Benedict Bogeaus e James Nasser
  • adaptou unha novela de Zane Grey. O seu elenco integrábano Robert Young, Randolph Scott Dean Jagger, Virginia Gilmore e John Carradine, entre outros. En 1861
  • Mirisch Corp. En 1962 reuniuse co seu veterano compañeiro de westerns Randolph Scott en Ride the High Country 1962 baixo a dirección de Sam Peckinpah
  • Creech como Neal Adam Busch como Manolo Keith A. Glascoe como Benny Randolph Scott como Jordon Elizabeth Regen como Irmá de Mathilda Carl J. Matusovich
  • Ingram de Umfraville 1300 1301 John de Soules 1301 1304 Sir Thomas Randolph I Conde de Moray 1329 - 1332 Donald, Conde de Mar 1332, durante dez días
  • Phillips, Pike, Poinsett, Polk, Pope, Prairie, Pulaski, Randolph St. Francis, Saline, Scott Searcy, Sebastian, Sevier, Sharp, Stone, Union, Van Buren