ⓘ Didier Pironi

                                     

ⓘ Didier Pironi

Didier Pironi Joseph Louis, nado en Villecresnes, Val do Marne, o 26 de marzo de 1952 e finado na Illa de Wight o 23 de agosto de 1987, foi un piloto de carreiras de Francia. Durante a súa carreira, competiu en 72 Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1, pilotando para Tyrrell, Ligier e Ferrari. Gañou as 24 Horas de Le Mans en 1978 pilotando un Renault Alpine A442B.

                                     

1. Carreira como piloto profesional 1972-1982

Pironi comezou a estudar como enxeñeiro e obtivo unha licenciatura en ciencias, pero a participación no negocio de construción da familia quedou no camiño logo da súa inscrición na escola de pilotos de Paul Ricard.

Foi premiado co patrocinio de Pilot Elf en 1972, un programa deseñado para promover os novos talentos do automobilismo francés, que anteriormente gañaran Patrick Tambay e Alain Prost na Fórmula Un. Pironi fixo o seu debut o 15 de xaneiro de 1978. Foi co equipo de Ken Tyrrell que malia ser Británico, tiña unha forte relación de traballo con Elf, que data de finais do 1960. No mesmo ano, Pironi formou parte da selección Renault na tarefa de gañar as 24 Horas de Le Mans. Compartindo o segundo coche do equipo con Jean-Pierre Jaussaud, no infrecuente teito de burbulla do A442B, gañou a carreira por catro voltas sobre o rival Porsche 936.

Dúas tempadas co equipo Tyrrell foron suficientemente prometedores para que Guy Ligier asinara con Pironi para o seu equipo francés do mesmo nome por unha tempada, 1980, unha tempada na que Pironi logrou a súa primeira vitoria, no Gran Premio de Bélxica en Zolder, así como varios podios. O rendemento de Pironi espertou o interese de Enzo Ferrari polos servizos do francés, que firmou para a tempada 1981. Ferrari recordou máis tarde, "Segundo chegou Pironi a Maranello, gañou a admiración e o afecto de todos, non só polas súas dotes como deportista, senón tamén pola súa forma de facer as cousas, era reservado, e ao mesmo tempo extravertido."

En comparación co seu compañeiro Gilles Villeneuve, quen deu a benvinda ao francés e tratouno como a un igual, Pironi era máis lento na cualificación, pero máis consistente nas carreiras na súa primeira tempada con Ferrari. Estableceu unha boa relación cos altos cargos do equipo, e Pironi posiblemente aproveitase esta boa relación na polémica carreira de San Marino, onde é amplamente crido que enganaron a Villeneuve para que gañara Pironi dando a impresión de que este ía manterse detrás do seu compañeiro canadense de equipo na última volta, só para adiantalo inesperadamente na horquilla Tosa, malia que o equipo mandou aos dous pilotos reducir a velocidade. Villeneuve estaba furioso con Pironi e xurou que non volvería de dirixirlle a palabra. O canadense morreu na clasificación do seguinte Gran Premio de Bélxica en Zolder tratando de mellorar o tempo de volta de Pironi, e o estado de ánimo de Villeneuve considérase a miúdo unha causa que contribuíu ao seu accidente mortal.

Harvey Postlethwaite o deseñador do 126C2 cre que o "drama" seguinte a Imola foi esaxerado pola prensa", Villeneuve estaba moi molesto porque sentía que debería serlle entregada a carreira nun prato. Eles eran competitivos e calquera deles podería gañar ".

Tamén mencionou un punto técnico de por que os dous Ferrari foron intercambiando lugares con tanta frecuencia durante a carreira de San Marino. "A presión do turbo do Ferrari 126C era moi, moi difícil de controlar. Non foi tan espectacular como parecía nese momento ".

Cun coche rápido e fiable, Pironi parecía estar en camiño de ser Campión do Mundo de 1982, pero o estado mental do francés someteuse a un grande estrés debido a varios factores. A antipatía xeneralizada do mundo da F1 na súa contra a raíz da traxedia de Zolder. A rápida ruptura do seu matrimonio con Catalina Beynie as poucas semanas de casar. A morte de Riccardo Paletti no Gran Premio do Canadá de 1982, o mozo italiano estrelouse contra o Ferrari de Pironi na grella de saída. Estes tráxicos acontecementos deron lugar a que Pironi estivera de mal humor, o que foi mal interpretado no seu momento como un exceso de confianza e arrogancia.

Os membros do equipo Ferrari, observaron cambios no comportamento de Pironi durante todo ese verán. Pironi comentou antes da Gran Premio do Reino Unido de 1982: "Sento que estou empezando a tocar o Campionato do Mundo."

                                     

2. Gran Premio de Alemaña de 1982

Logo de gañar a pole position para o Gran Premio de Alemaña, Pironi tamén estaba ocupado probando unha nova composición de pneumáticos Goodyear de choiva baixo a dirección de Mauro Forghieri nunha práctica sen límite de tempo. Os pneumáticos de choiva Goodyears "new-spec" resultaron ser un gran éxito, con Pironi rebaixando ata 2´5 segundos sobre o seu novo compañeiro de equipo Patrick Tambay pilotando un Ferrari similar. Pironi: 2 min 10´9 s, Tambay: 2 min 13´4 seg

Os xornalistas deportivos do circuíto apresuráronse a dicir Pironi estaba pilotando "como un tolo". En defensa de Pironi, Forghieri dixo que as diferenzas substanciais nos tempos de volta entre os dous conxuntos de Goodyears non eran ningunha sorpresa para o equipo. As condicións meteorolóxicas en Hockenheim ese fin de semana eran moi incertas: alternaban rapidamente entre mollado e seco.

Baixo a choiva, un dos moitos problemas causados polos coches de F1 con "efecto solo" era que o aerosol provocado víase obrigado a saír por de debaixo dos pontóns laterais como unha fina rosada e practicamente creaba unha néboa. Isto facía que os coches de diante foran case invisible para os que corrían detrás.

Cando Pironi intentou pasar ao Williams de Derek Daly, o Ferrari 126C2 estrelouse contra a invisible parte traseira do Renault de Alain Prost, o que provocou un violento accidente que garda certa similitude co sufrido por Villeneuve. Pironi sobreviviu, pero as lesións en ambas pernas significaron que nunca volvería ás carreiras na Fórmula 1. Inmediatamente despois do accidente, dixo que non sentiu dor. "Foi igual que os meus accidentes anteriores, cando eu non sufría lesións. Todo o que podía pensar era no coche, que o de reposto non funcionaba tan ben como este, e que ía ter que usalo o reposto para a carreira. Entón vin ás miñas pernas e pensei que talvez non correría esta carreira, despois de todo. No helicóptero, comezáronme a doer moi en serio. Pero postos a ter un accidente, foi unha sorte para min estar en Alemaña e non nun lugar máis primitivo ".

Neste momento, era líder con 39 puntos no campionato, por diante de Watson 30 e Rosberg 27, pero Pironi finalmente foi relegado ao subcampionato cando Rosberg pasoulle a converteuse en Campión do Mundo con 44 puntos.

Na súa carreira na Fórmula Un Didier Pironi gañou 3 carreiras, logrou 13 podios, e anotou un total de 101 puntos. Tamén logrou 4 pole positions.

                                     

3. Morte

En 1986, despois de ser capaz de camiñar coas dúas pernas sen axuda, parecía coma se Pironi faría a súa reaparición cando probou para o equipo francés AGS no Circuíto Paul Ricard e, posteriormente, o Ligier JS27 en Dijon-Prenois. Demostrou que aínda era o suficientemente rápido para ser competitivo, pero non o suficiente para volver á F1.

O seu seguro pagara unha chea de cartos con base ao feito de que as pernas de Pironi quedaron feridas tan gravemente que el nunca podería volver á F1. De volver, sería obrigado legalmente a devolver todo o diñeiro.

Pironi decidiu no seu lugar participar nas carreiras de lanchas en mar aberto. O 23 de agosto de 1987, Pironi morreu nun accidente no Needles Trophy Race preto da Illa de Wight, que tamén se cobrou a vida dos seus dous compañeiros de tripulación, o xornalista Bernard Giroux e o seu vello amigo Jean-Claude Guenard. O seu barco, "Colibri 4", saltou sobre unha grande onda provocada por un petroleiro, facendo que o bote envorcase.

Trala morte de Pironi, a súa noiva Catalina Goux deu a luz a xemelgos. Ela chamounos Didier e Gilles, en honor a Pironi e Gilles Villeneuve, que morreu no Gran Premio de Bélxica de 1982 cinco anos antes.



                                     

3.1. Morte Resultados Completos na Fórmula Un

Chave As carreiras en letra grosa indican pole position ; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

                                     

4. Véxase tamén

Bibliografía

  • Roebuck, Nigel 1987. Grand Prix Greats: A Personal Appreciation of 25 Famous Formula 1 Drivers. UK: Patrick Stephens. ISBN 0850597927.
  • Didier: Dreams and Nightmares - Lorie Coffey, Jan Moller
  • Lettre a Didier - Catherine Goux
  • Tremayne, David 1996. Echoes of Imola. Croydon, England, UK: MRP Limited. ISBN 1-899870-05-9.
  • Lorie Coffey, Jan Moller 2004. Didier: Dreams and Nightmares. Balsall Common, West Midlands, England, UK: Mercian Manuals Ltd. ISBN 1-903088-16-X.
  • Surtees, John 1992. Pirelli Album of Motor Racing Heroes. Wisconsin, USA: Motorbooks International Publishers & Wholesalers. ISBN 0-87938-671-1.
  • Pritchard, Anthony 1989. Ferrari Turbos: The Grand Prix Cars, 1981-1988. UK: Aston Publications. ISBN 0-946627-50-9.
  • Didier Pironi: La flèche brisée The Broken Arrow - Martine Camus

Ligazóns externas

  • Didier Pironi Memorial Web site
  • Le site hommage a Didier Pironi en francés
                                     
  • Jose Dolhem didier - pironi - driven - to - destruction 7 de xullo de 2014. Didier Pironi Memorial José Dolhem, o irmão de Pironi Arquivado dende
  • Premio de Bélxica e, en consecuencia Ferrari participou cun só piloto, Didier Pironi A partir da volta 67, cando comezou a chover, a carreira converteuse
  • carreira foi gañada polo piloto francés Didier Pironi pilotando un Ligier JS11 15. Foi a súa primeira vitoria de Pironi no Campionato Mundial e foi o cuarto
  • diante de Pironi Pero, Pironi pensou que os coches estaban libres para disputar a carreira, e pasou a Villeneuve. Villeneuve creeu que Pironi simplemente
  • Premio de Bélxica. A carreira foi gañada polo outro piloto de Ferrari Didier Pironi que resultou ser a súa última vitoria na Fórmula Un. Nota: Só están
  • ambos os grupos de clasificación. Didier Pironi e todo o equipo Ferrari retiráronse e non competiron na carreira. Pironi sería o único piloto de Ferrari
  • sobre o francés Didier Pironi que pilotaba un Ligier JS11 15. Terceiro foi o francés Jacques Laffite compañeiro de equipo de Pironi Laffite liderara
  • terceiro foi o piloto austríaco de Brabham Niki Lauda. O piloto francés Didier Pironi logrou os seus primeiros puntos na Fórmula Un, terminando sexto. Líder
  • Williams foron quinto e sexto, a continuación, Nelson Piquet nun Brabham e Didier Pironi no outro Ferrari turbo. O equipo Fittipaldi non estivo presente porque
  • outra chicane para frear os coches a través da moi rápida Ostkurve. Didier Pironi marcou o mellor tempo da práctica, pero resultou ferido de gravidade