ⓘ Rouben Mamoulian

                                     

ⓘ Rouben Mamoulian

Rouben Zachary Mamoulian, nado en Tbilisi o 8 de outubro de 1897 e finado en Hollywood o 4 de decembro de 1987 foi un director de cinema e teatro armenio-estadounidense.

                                     

1. Traxectoria

Naceu en Tbilisi, nunha familia armenia. A súa nai, Virginia Kalantarian foi directora de teatro, e o seu pai, Zachary Mamoulian, era presidente dun banco. Mamoulian mudouse a Inglaterra e comezou a dirixir obras teatrais en Londres en 1922. Ao ano seguinte Vladimir Rosing levouno aos Estados Unidos para dar clases na Eastman School of Music e tamén dirixiu óperas e teatro. Nacionalizouse estadounidense en 1930. A estrela infantil Jackie Cooper afirmou na súa autobiografía que Mamoulian era o seu tío, o que o axudou na súa carreira.

Comezou no cinema en 1929, con Applause, un dos primeiros filmes sonoros. As súas innovacións no uso da cámara e do son levouno a dirixir outros filmes durante a década de 1930.

A súa carreira como director chegou á súa fin cando foi despedido de dúas rodaxes consecutivas, Porgy and Bess 1959 e Cleopatra 1963.

                                     
  • 1932 The Merry Widow, 1934 e polo suspense e filmes de terror de Rouben Mamoulian City Streets, 1931 Dr. Jekyll and Mr. Hyde 1932 Por outra banda
  • 1932 As You Desire Me de George Fitzmaurice 1933 Queen Christina de Rouben Mamoulian 1934 The Painted Veil de Richard Boleslawski 1935 Anna Karenina de
  • francés que participou no dadaísmo e no surrealismo n. 1897 1987 - Rouben Mamoulian director de cine e teatro armenio - estadounidense n. 1897 1993
  • participou en papeis secundarios en obras como City Streets 1931 de Rouben Mamoulian con Gary Cooper e Sylvia Sidney, ou en The Kid from Spain 1932
  • estadista arxentino. 1896 - Julien Duvivier, cineasta francés. 1898 - Rouben Mamoulian cineasta estadounidense. 1909 - Domingo García - Sabell, médico, escritor