ⓘ Carlos Drummond de Andrade

                                     

ⓘ Carlos Drummond de Andrade

Carlos Drummond de Andrade, nado en Itabira, Minas Xerais, o 31 de outubro de 1902 e falecido na cidade do Río de Xaneiro o 17 de decembro de 1987 ós 84 anos, foi un dos principais poetas e escritores brasileiros do século XX. Diversas de súas poesias modernistas foron traducidas a linguas como o francés, inglés, o castelán, o alemán, etc.

                                     

1. Biografía

Drummond naceu na cidade de Itabira, en Minas Xerais. A súa memoria desa cidade viría a permear parte de súa obra. Os seus antepasados, tanto do lado materno como paterno, pertencen a familias de moito tempo estabelecidas no Brasil. Posteriormente, foi estudar no Colexio Arnaldo, en Belo Horizonte, e no Colexio Anchieta, dos jesuítas, en Nova Friburgo. Licenciado en farmacia pola Universidade Federal de Minas Xerais, con Emílio Moura e outros compañeiros, fundou "A Revista", para divulgar o modernismo no Brasil.

En 1925, casou con Dolores Dutra de Morais, con quen tivo dous fillos, Carlos Flávio, que viviu só media hora, e Maria Julieta Drummond de Andrade.

O mesmo ano en que publica a primeira obra poética, Alguma poesia 1930, o seu poema Sentimental é declamado na conferencia "Poesia Moderníssima do Brasil", feita no curso de vacacións da Facultade de Letras da Universidade de Coímbra, polo profesor da Cadeira de Estudos Brasileiros, Dr. Manoel de Souza Pito, no contexto da política de difusión da literatura brasileira nas Universidades Portuguesas. Existe colaboración de súa autoría no semanario Mundo Literario 1946-1948 e na revista luso-brasileira Atlântico. Durante a maior parte da vida, Drummond foi funcionario público, aínda que comezase a escribir cedo e proseguise escribindo até o seu falecemento, que se deu en 1987 no Río de Xaneiro, doce días tras a morte de súa filla. Alén de poesía, produciu libros infantís, contos e crónicas. A súa morte ocorreu por infarto do miocardio e insuficiencia respiratoria.

En 1987, meses antes de súa morte, a escola de samba Mangueira homenaxeouno no Entroido co enredo "O Reino das Palabras", sendo campión do Entroido Carioca aquel ano.

                                     

2. Drummond e o Modernismo Brasileiro

Drummond, como os modernistas, proclama a liberdade das palabras, unha liberación do idioma, que autoriza modelar a poesía á marxe das convencións da gramática. Segue a liberación proposta polo tamén escritor modernista Mário de Andrade.

Coa institución do verso libre, acentúase a liberación do ritmo da poesía, e mostra que este ritmo non depende dunha métrica padrón. Se dividirmos o Modernismo en dúas vertentes, unha máis lírica e subxectiva, e outra máis obxectiva e concreta, Drummond faría parte da primeira, ó lado do propio Mário de Andrade. Porén, é importante notar que a poesía de Drummond está por encima dos modismos literarios, e permanece ata hoxe bastante actual.

Poetas estranxeiros, como Elizabeth Bishop, Mark Strand e Lloyd Schwartz, traduciron diversas de súas obras ó inglés, e demostraron admiración ó seu traballo.

                                     

3. Representacións na cultura

Drummond xa foi retratado como personaxe no cinema e na televisión, interpretado por Carlos Gregório e Pedro Lito no filme Poeta de Sete Faces 2002 e Ivan Fernandes na miniserie JK 2006.

Tamén tivo a súa efixie impresa nos billetes de NCz$ 50.00 cincuenta cruzados novos en circulación no Brasil entre 1988 e 1990.

Hai representacións en Esculturas do Escritor, como é o caso das estatuas Dois poetas, na cidade de Porto Alegre, e tamén O Pensador, na praia de Copacabana no Río de Xaneiro, alén dun memorial na súa homenaxe na cidade de Itabira.

                                     
  • Costa Andrade 1887 - 1971 escritor e científico inglés Carlos Drummond de Andrade 1902 1987 poeta brasileiro Mário Corino de Andrade 1906
  • Freire de Andrade 1580 1634 Carlos Drummond de Andrade 1902 1987 poeta brasileiro. Edward Neville Da Costa Andrade 1887 - 1971 escritor e científico
  • con Carlos Drummond de Andrade e Rubem Braga O Melhor da Poesia Brasileira 1 - Ed. José Olympio - Rio de Janeiro con Carlos Drummond de Andrade e João
  • checoslovaco m. 1940 1902 - Carlos Drummond de Andrade poeta e escritor brasileiro. 1919 - Eloísa Angulo, cantante de música crioula do Perú 1991
  • 1986 - Luís Casas Pasarín, futbolista galego n. 1902 1987 - Carlos Drummond de Andrade poeta e escritor brasileiro n.1902 1998 - Marisa Soto, actriz
  • cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 2016, leu o poema A Flor e a Náusea de Carlos Drummond de Andrade dobrado en inglés por Judi Dench. Naceu
  • Guimarães Rosa, La terza sponda del fiume, Milano, Mondadori, 2003 Carlos Drummond de Andrade Quando è giorno di partita, Roma, Cavallo di Ferro, 2005 José
  • poesía brasileira posterior como a de Carlos Drummond de Andrade João Cabral de Mello Neto, o Concretismo e Manoel de Barros ben como a obra do poeta
  • material encóntrase publicado. Sendo un pouco máis vello que Carlos Drummond de Andrade Henriqueta Lisboa, Tarsila do Amaral e Murilo Rubião, mantivo
  • espiritual de Irán m. 1989 3 de outubro - Arthur da Costa e Silva, presidente do Brasil m. 1969 31 de outubro - Carlos Drummond de Andrade poeta e