ⓘ Louis de Broglie

                                     

ⓘ Louis de Broglie

Louis-Victor-Pierre-Raymond, xeralmente coñecido por Louis de Broglie, nado en Dieppe o 15 de agosto de 1892 e finado en Louveciennes o 19 de marzo de 1987, foi un físico francés, introdutor do concepto de onda de materia.

                                     

1. Traxectoria

Pertencía a unha familia nobre francesa, e tivo parentes na política, na diplomacia e na carreira militar. Cursou Física teórica na Sorbonne, doutorandose en 1924.

En 1929 foi laureado co Premio Nobel de Física, por súa descuberta da natureza ondulatoria do electrón.

                                     

1.1. Traxectoria Dualidade onda-partícula

En palabras do autor, "A idea fundamental da miña tese do 1924 era a seguinte: O feito de que, seguindo a Einstein na súa introdución dos fotóns como ondas de luz, coñecemos que a luz contén partículas que son concentracións de enerxía incorporada á onda, suxire que todas as partículas, como o electrón, poderían ser transportadas por unha onda na que estarían incorporadas. A miña idea esencial foi estender a todas as partículas a coexistencia de ondas e partículas descuberta por Einstein no 1905 para o caso da luz e os fotóns." "con cada partícula de materia con masa m e velocidade v a pode ser asociada unha onda real", relacionada co momento pola ecuación:

λ = h p = h m v 1 − v 2 c 2 {\displaystyle \lambda ={\frac {h}{p}}={\frac {h}

onde λ {\displaystyle \lambda } é a lonxitude de onda, h {\displaystyle h} é a constante de Planck, p {\displaystyle p} é o momento relativista, m {\displaystyle m} é a masa en repouso, v {\displaystyle v} é a velocidade e c {\displaystyle c} é a velocidade da luz no baleiro.

Esta teoría poía as bases da mecánica ondulatoria. Foi sostida por Einstein, confirmada polas experiencias de difracción dos electróns de Davisson et Germer, e xeneralizada polos traballos de Schrödinger.

Non obstante, esa xeralización era estatística e non era aprobada por de Broglie, que dicía "que a partícula debe ser o asento dun movemento periódico interno e debe desprazarse na súa onda de xeito que quede en fase con ela, a mala idea de considerar una propagación de onda sen localización de partícula, o quera totalmente contrario ás miñas ideas primitivas."

                                     
  • nos estudos de Louis - Victor de Broglie sobre das propiedades ondulatorias dos electróns. Un microscopio electrónico funciona cun feixe de electróns acelerados
  • introducido por Louis - Victor de Broglie físico francés de comezos do século XX. En 1924, na súa tese de doutoramento propuxo a existencia de ondas de materia
  • Nobel n. 1883 1950 - Edgar Rice Burroughs, autor de ciencia ficción británico. 1987 - Louis de Broglie físico francés, Premio Nobel n. 1892 1999
  • 15 de agosto - Louis de Broglie físico francés, premio Nobel de Física en 1929. 22 de agosto - Benito Cancela Rodríguez, político galego. 10 de setembro
  • normalmente danse en termos de lonxitudes de onda no baleiro, agás que se especifique lonxitude de onda no medio Louis de Broglie propuxo que todas as partículas
  • interferencia e fenómenos de difracción, preditos teoricamente por Louis de Broglie A súa lonxitude de onda a 1 eV é da orde de 1, 22 nm, que asemella á
  • 1925 - 1927 traballou con Erwin Schrödinger, Paul Dirac, Werner Heisenberg, Louis de Broglie Max Born e Walther Bothe, todos eles especialistas en mecánica cuántica
  • Louis Eugène Félix Néel, nado en Lión o 22 de novembro de 1904 e finado na mesma cidade o 17 de novembro de 2000, foi un físico e profesor universitario
  • entre 1925 e 1930, investigadores que se basearon nos estudos de Louis - Victor de Broglie sobre as propiedades ondulatorias dos electróns. A forma normal
  • Ríos, político e escritor galego n. 1980 1892 - Louis de Broglie físico francés, Premio Nobel de Física m. 1987 1894 - María Vázquez Suárez, mestra