ⓘ Dictinio de Castillo

                                     

ⓘ Dictinio de Castillo

Dictinio de Castillo-Elejabeytia Fernández, nado en Ferrol o 11 de maio de 1906 e finado en Sandhausen o 3 de outubro de 1987, foi un poeta e profesor galego.

                                     

1. Traxectoria

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, fíxose oficial de Mariña ingresando no Corpo de Intendencia da Armada. En 1936 foi detido e polos republicanos estivo preso en Cartaxena, e posteriormente foi liberado. Por esta circunstancia foi xulgado despois polos franquistas e condenado a perda do seu emprego. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Murcia, da que foi profesor de Filoloxía Galego-portuguesa. Foi tamén profesor de filosofía no Instituto de Cartagena de inglés no de Murcia. En 1953 marchou á República Federal de Alemaña e foi lector de español na Universidade de Würzburg até 1983.

Poeta en español, en 1949 publicou Lirios de Compostela, que contén moitos poemas en galego. En 1955, Francisco Fernández del Riego publicou na súa Escolma de poesía galega sete poemas de Dictinio tirados de dous libros inéditos, O espello das brétemas e O leito de somas. Colaborou en revistas literarias como a ferrolá Aturuxo, Azarbe, Papeles de Son Armadans, Monteagudo, Revista de Occidente, e nos suplementos literarios de ABC e diversas revistas de Portugal, Bélxica, Marrocos e Estados Unidos. En 1950 foi elixido académico correspondente da Real Academia Galega En 1953 representou a España no Congreso Internacional de Poesía que se celebrou en Venecia.

                                     

2. Obras

  • En la costa del sol, 1947.
  • Lirios de Compostela, 1949 que contén moitos poemas en galego
  • Vuelo hacia dentro, 1987.
  • La avena de Dafnis, 1943.
  • Argos: poema del mar y del alma, 1948.
  • Nebulosas, 1934.
  • La canción de los pinos, 1945
  • O espello das brétemas e outros poemas, 1987.
                                     

3. Véxase tamén

Ligazóns externas

  • Dictinio de Castillo, poeta y profesor de Literatura.
  • El archivo del poeta ferrolano Dictinio de Castillo donado la Región de Murcia
  • Dictinio del Castillo. Un romántico fóra do seu tempo
                                     
  • Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina n. 1915 3 de outubro - Jean Anouilh, dramaturgo francés n. 1910 3 de outubro - Dictinio de Castillo poeta e