ⓘ Sofía Novoa

                                     

ⓘ Sofía Novoa

Pertencía a unha familia republicana socialista e estudou o bacharelato en Vigo onde tamén inicio os estudos musicais, sendo alumna da pianista viguesa María Luisa Sanjurjo de Oza. Estudou en Madrid na Residencia de Señoritas, o primeiro centro oficial de España de educación universitaria para mulleres, onde fixo amizade con Olimpia Valencia. En 1925 titulouse en Solfexo, Harmonía e Piano con premio extraordinario. Ampliou estudos en Lisboa, e en 1937, durante a guerra civil española, marchou aos Estados Unidos de América á Universidade de Columbia. Despois marcharía ao Vassar College onde exercería como profesora de español até a súa xubilación e onde coincidirá con outras exiliadas como Pilar de Madariaga.

En 1949 defendeu a súa tese doutoral na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade Complutense de Madrid, e regresou aos Estados Unidos. Xubilouse en 1967, viviu en Madrid e pasaba os veráns en Vigo. As súas cinzas están no cemiterio de Cangas.

                                     

1. Recoñecementos

Na súa honra crearonse os Premios Sofía Novoa Ortiz, que pretenden fomentar, consolidar e dar a coñecer a inclusión da perspectiva de xénero nos traballos de fin de máster e fin de grado realizados na Universidade de Vigo nos campus de Vigo de Pontevedra.

                                     

2. Véxase tamén

Bibliografía

  • LOSADA, CARMEN 2017. Sofía Novoa Ortiz: una pianista de la Edad de Plata. En Liberales, cultivadas y activas: redes culturales, lazos de amistad / coord. por Adelaida Sagarra Gamazo, 2017, 978-84-9012-838-1, págs. 141-169.

Outros artigos

  • Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas

Ligazóns externas

  • Sofía Novoa no Álbum da JAE do Consello da Cultura Galega.
  • Sofía Novoa no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
                                     
  • O Museo Raíña Sofía oficialmente Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía en castelán: Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía MNCARS é o principal
  • Sofía Pérez Eguía y Casanova de Lutoslawski, máis coñecida como Sofía Casanova, nada na Coruña o 30 de setembro de 1861 e finada en Poznan Polonia o
  • Dimitrov. O 17 de setembro de 1992, día de Santa Sofía declarouse o Día de Sofía O desenvolvemento de Sofía como un asentamento significativo débese en gran
  • Sofía de Grecia Sofía Margarida Vitoria Federica de Schleswig - Holstein - Sönderborg - Glücksburg nada en Atenas o 2 de novembro de 1938, é princesa de Grecia
  • Sofía Fernández Castañón, coñecida como Sofía Castañón, nada en Xixón o 1 de novembro de 1983, é unha poeta, escritora, realizadora audiovisual e política
  • Sofía Dorothea Ulrike Alice, nada no Palacio Novo de Potsdam o 14 de xuño de 1870 e finada en Frankfurt o 13 de xaneiro de 1932, foi princesa de Prusia
  • Coordenadas: 43 11 51 N 8 36 19 O 43.1975, - 8.6053 San Salvador de Sofán é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Carballo
  • Алексеевна, Iekaterina Alekseievna chamada a Grande nacida co nome de Sofía Augusta Federica de Anhalt - Zerbst o 21 de abril de 1729 en Stettin, Prusia
  • Música Raíña Sofía creouse en Madrid España en 1991 co propósito de dotar á España dun centro de alta formación profesional dirixido aos novos músicos de
  • Sofía era forzada a permanecer moi por baixo da liña de importancia, separada do seu marido. Os fillos de Francisco Fernando foron: Princesa Sofía von