ⓘ Jacqueline du Pré

                                     

ⓘ Jacqueline du Pré

Jacqueline Mary du Pré, OBE, nada en Oxford o 26 de xaneiro de 1945 e finada en Londres o 19 de outubro de 1987, foi unha violoncellista británica, unha das máis prestixiosas do século XX.

Esposa e compañeira musical do pianista e director arxentino Daniel Barenboim, tivo que retirarse á idade de 28 anos en 1973 debido á esclerose múltiple que produciu a súa morte catorce anos máis tarde, cando só contaba 42 anos. Foi condecorada como oficial da Orde do Imperio Británico en 1976 e a súa interpretación do Concerto para cello de Edward Elgar é considerada referencial.

                                     

1. Traxectoria

Nada nunha familia culta, Jacqueline du Pré era a mediana dos fillos do matrimonio. Tiña catro anos cando escoitou o cello por primeira vez, na radio. A partir dese instante o son do instrumento non a abandonou. Comezou a tomar leccións de música coa súa nai Ire du Pré. Dous anos máis tarde, empezou a recibir leccións en Londres, competindo musicalmente coa súa irmá Hilary, quen tocaba a frauta traveseira. Aos dez anos gañou un premio nun concurso internacional, e aos doce realizou ao seu primeiro concerto na BBC de Londres.

Estudou con William Pleeth na Guildhall School of Music and Drama en Londres, con Paul Tortelier en París, con Mstislav Rostropovich en Rusia e con Pau Casals en Suíza.

Durante toda a súa carreira, du Pré tocou xunto con orquestras e solistas prestixiosos. Destacouse a súa interpretación do concerto para cello de Elgar xunto á Orquestra Sinfónica de Londres baixo a dirección de John Barbirolli en 1965. Para esta interpretación empregou un Stradivarius denominado Davidov de 1712 que lle foi ofrecido pola súa madriña e admiradora Ismena Holland.

A súa amizada cos músicos Itzhak Perlman, Zubin Mehta e Pinchas Zukerman e o seu matrimonio con Daniel Barenboim inspiraron un filme de Christopher Nupen. Os cinco denominábanse a eles mesmos como a mafia musical xudía.

No nadal de 1966, Jaqueline coñeceu o pianista arxentino Daniel Barenboim; un ano despois, en 1967, casaron. Jacqueline converteuse ao xudaísmo para casar. O seu matrimonio foi unha das relacións máis frutíferas da historia musical, comparándose coa de Clara e Robert Schumann. Isto pódese constatar nos numerosos concertos que deu con Barenboim ao piano ou na dirección orquestral.

Catro anos máis tarde, en 1971, as capacidades de interpretación de Jacqueline diminuíron irreversibelmente cando a artista comezou a perder a sensibilidade e mobilidade dos seus dedos, debendo deter abruptamente a súa carreira, afectada pola esclerose múltiple.

No transcurso dos últimos anos da vida de Jacqueline, Daniel Barenboim instalouse en París coa pianista Elena Bashkirova. A súa doenza conduciuna finalmente á morte en Londres á idade de 42 anos. Daniel Barenboim estivo ao seu lado cando morreu. Ao ano do seu pasamento, en 1988, Barenboim casou con Elena, coa que xa tivera dous fillos, David 1983 e Michael 1985.

O seu violoncello, un Stradivarius Davidov 1712, foi adquirido por algo máis dun millón de libras pola Fundación Vuitton, que o deixou en préstamo ao violoncellista Yo-Yo Ma.

                                     

2. Libro e filme

O libro póstumo de memorias A Genius in the Family escrito polos seus irmáns Hilary e Piers du Pré serviu de argumento para a adaptación en 1998 do filme Hilary and Jackie, dirixido por Anand Tucker, que promoveu a popularidade do libro. O libro e o filme foron criticadao por facer sensacionalismo da vida privada de Jacqueline du Pré. No libro fálase dunha relación extramtrimonial co seu cuñado Christopher Finzi entre 1971 e 1972 cando foi visitar a familia de Hilary. Nunha entrevista, Finzi dixo que du Pré "o telefonou e pediulle que se pasase" para manter relacións sexuais.

                                     

3. Discografía

En DVD

  • Hilary and Jackie 1998, filme dirixido por Anand Tucker
  • Jacqueline du Pré in Portrait 2004, dirixido por Christopher Nupen
  • Remembering Jacqueline du Pré 1994, dirixido por Christopher Nupen
  • The Trout documental de 1970 estreado en DVD en 2005, dirixido por Christopher Nupen
  • Jacqueline du Pré: A Celebration of Her Unique and Enduring Gift 2007, dirixido por Christopher Nupen
                                     

4. Véxase tamén

Bibliografía

  • Easton, Carol 2000. Jacqueline du Pré: A Biography. Cambridge: Da Capo Press. ISBN 0-306-80976-1.
  • Wilson, Elizabeth A. M. 1999. Jacqueline du Pré: Her Life, Her Music, Her Legend. Londres: Faber and Faber. ISBN 0-571-20017-6.
  • Du Pré, Piers; du Pré, Hilary 1997. A Genius in the Family: An Intimate Memoir of Jacqueline du Pré. Londres: Sinclair-Stevenson. ISBN 1-85619-753-0.
                                     
  • violoncellista Jacqueline du Pré en Xerusalén, despois de que ela se convertese ao xudaísmo. O matrimonio durou ata a morte de du Pré por mor da esclerose
  • Chu Yibing e Jacqueline du Pré entre moitos outros. As súas ideas da interpretación violonchelística están resumidas no libro L Art du Violoncelle
  • Stradivarius de 1712, que pertenceu a Karl Davydov e posteriormente a Jacqueline du Pré Tamén posúe un violonchelo feito en fibra de carbono, da compañía
  • privilexiada. Apareceron grandes intérpretes como Rostropovich ou Jacqueline du Pré así como Anner Blysma co seu violoncello barroco. Desde o século
  • volveu rodar outro fime ata 1935, cando, por influencia da súa nova esposa Jacqueline Delubac, comezou a facer versións cinematográficas das súas propias obras
  • 1997 Maggie Tulliver TV The Boxer 1997 Maggie Hilary and Jackie 1998 Jacqueline du Pré Cradle Will Rock 1999 Olive Stanton Angela s Ashes 1999 Angela McCourt
  • tomar a cidade con respecto a Filipo II de Macedonia. Segundo comenta Jacqueline de Romilly, filóloga membro da Academia francesa, a ameaza de Filipo daría
  • Osypińska, Marta Putelat, Olivier Quintana Morales, Eréndira M. Studer, Jacqueline Wierer, Ursula Decorte, Ronny Grange, Thierry Geigl, Eva - Maria 2017