ⓘ Pola Negri

                                     

ⓘ Pola Negri

Barbara Apolonia Chałupec, nado en Lipno o 3 de xaneiro de 1897 e finada en San Antonio o 1 de agosto de 1987, foi unha actriz polaca de ascendencia eslovaca, coñecida artisticamente baixo o pseudónimo de Pola Negri, unha das grandes divas do cine mudo. Nacionalizouse estadounidense en 1951.

Negri asinou coa Paramount en 1922, convértendoa no primeiro intérprete europeo da historia que foi contratada en Hollywood.

                                     

1.1. Traxectoria Primeiros anos

O seu pai Jerzy Mathias Chalupiec, de orixe eslovaca, foi detido polo exército ruso por actitudes antitsaristas e enviado a Siberia, o que fixo que a familia Chalupiec Barbara e a súa nai Eleonora pasase por momentos difíciles economicamente, vivindo nun suburbio de Varsovia.

Con todo, Negri foi admitida no Ballet Imperial, para o que traballou ata que por mor da tuberculose segundo outras fontes, unha lesión, tivo que abandonar a compañía; así, Negri centrou a súa atención no teatro, e estudou interpretación na Escola de Arte Dramática de Varsovia.

                                     

1.2. Traxectoria Carreira no cinema

Aínda en Polonia, Negri rebautizada así pola poeta italiana Ada Negri chegou a actuar en filmes como Żona, Bestia ou Studenci. Pouco despois viaxou a Berlín, onde traballou na compañía de teatro de Max Reinhardt e máis tarde con Ernst Lubitsch.

O filme deste último, Die Augen der Mumie, foi un éxito que fixo que Negri conseguise unha oportunidade en Hollywood.

Algúns dos seus filmes de Hollywood máis recoñecidos son Forbidden Paradise, dirixido polo tamén exiliado Lubitsch, The Spanish Dancer ou Shadows of Paris. En 1927 rodou ás ordes de Mauritz Stiller Hotel Imperial e The Woman on Trial.

Nesta época, Negri deu moito que falar non só polo seu romance co cómico británico Charles Chaplin senón, sobre todo, polos seus supostos plans de voda con Rodolfo Valentino, que Negri se encargou de airear á prensa trala morte del. Mesmo durante o funeral de Valentino, Negri seguiu o féretro dende Os Anxeles a Nova York, posando para a prensa coma se fose a súa viúva. Moitos actores, como Tallulah Bankhead, Mary Pickford ou Alberto Valentino, irmán de Rodolfo, criticaron isto e acusárona de mentir á prensa.

Coa chegada do cinema sonoro, a súa popularidade da década de 1920 esvaeceu por completo debido ao seu forte acento polaco e a súa dificultade para falar inglés. Regresou a Alemaña, e traballou para os estudos UFA, controlados por entón por Goebbels. Protagonizou, en 1935, o filme Mazurka, de Willi Forst. Con todo, polas súas supostas raíces xudías, emigrou outra vez aos Estados Unidos na década de 1940 e nacionalizouse estadounidense.

                                     

1.3. Traxectoria Últimos anos

Os últimos anos da súa vida son un misterio, polo que adoita ser comparada coa personaxe de Norma Desmond que interpretou Gloria Swanson en Sunset Boulevard. Negri foi, de feito, a principal candidata de Billy Wilder para o papel, mais rexeitouno, considerándoo unha ofensa.

Morreu dun tumor cerebral ou pneumonía en 1987, aos 90 anos, e legou case todos os seus bens á St. Mary’s University. Está enterrada no cemiterio de Calvary, nos Estados Unidos.

Ten unha estrela no 6933 do Paseo da Fama de Hollywood.

                                     

2.1. Véxase tamén Bibliografía

  • Beinhorn, Courtenay Wyche xaneiro de 1975. The Film Career of Pola Negri, 1914–1964. Austin, Texas: University of Texas at Austin.
  • Kotowski, Mariusz 2014. Pola Negri: Hollywoods First Femme Fatale. Lexington, Kentucky: University Press of Kentucky. ISBN 978-0-813-14489-4.
  • Kreimeier, Klaus 1999. The UFA Story: A Story of Germanys Greatest Film Company 1918–1945. Os Ánxeles: University of California Press. ISBN 978-0-520-22069-0.
  • Haltof, Marek 2002. Polish National Cinema. Nova York: Berghahn Books. ISBN 978-1-782-38469-4.
  • Edmonds, I.G.; Mimura, Reiko 1980. Paramount Pictures and the People Who Made Them. San Diego: A.S. Barnes and Co., Inc.
  • Bock, Hans-Michael 2009. The Concise Cinegraph: Encyclopedia of German Cinema. Nova York: Berghahn Books. ISBN 978-1-571-81655-9.
  • Chaplin, Charles 1964. My Autobiography. Nova York: Simon and Schuster. ISBN 978-0-370-00239-2.
  • Delgado, Sergi 2016. Pola Negri: Temptress of Silent Hollywood. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland. ISBN 978-1-476-62435-8.
  • Lanza, Joseph; Penna, Dennis 2002. Russ Columbo and the Crooner Mystique. Port Townsend, Washington: Feral House. ISBN 978-0-922-91580-4.
  • Negri, Pola 1970. Memoirs of a Star. New York: Doubleday. ASIN B0006C0782.


                                     

2.2. Véxase tamén Ligazóns externas

  • Tobacco cards, film.virtual-history.com; consultado o 17 de maio de 2014.
  • The Pola Negri Appreciation Site, polanegri.com; consultado o 17 de maio de 2014.
  • Polanegri.pl – Pola Negri Film Festival website; consultado o 17 de maio de 2014. en polaco
  • Pola Negri profile, Culture.pl; consultado o 25 de novembro de 2014. en polaco
                                     
  • Antonio Negri con frecuencia citado como Toni Negri nacido en 1933 en Padua Italia é un filósofo moral e político e un dos autores de cariz marxista
  • Toman o seu nome de Adelchi Negri o médico italiano que os describiu por primeira vez en 1903. Aínda que os corpos de Negri son un signo distintivo patognomónico
  • San Martiño de Negreiros é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 203 habitantes 103 homes e
  • véndose afectados pola gravidade a efectos desta. Poden existir polo menos tres clases de buratos negros pola súa masa: buratos negros supermasivos, con
  • San Vicenzo das Negradas é unha parroquia situada ó sur do concello de Guitiriz, a uns 9 km do núcleo municipal. Segundo o padrón municipal de 2012 tiña
  • arquipélago está formado pola illa Negra A Negra do Medio e A Negra de Fóra, xunto co Barco da Negra Diante delas atópase a punta da Negra Conforma xunto coa
  • familia humilde, filla dun artesán, Giuseppe Negri e unha costureira, Vittoria Cornalba, quedou orfa pola morte do seu pai cando só tiña un ano de idade
  • Orfeo negro en portugués: Orfeu Negro é un filme de 1959 coproducido entre Francia, o Brasil e Italia dirixido polo director de cinema francés Marcel
  • Santiago - Bertamiráns e a AC - 544, que chega á vila de Negreira e segue até Muxía pola Pereira. A vila de Negreira está situada á beira do río Tambre. Fonte: Instituto
  • Carlos Negreira Souto, nado no Río de Xaneiro o 16 de xullo de 1960, é un político galego militante do PPdeG. Está licenciado en Dereito pola USC. Foi
  • Panteras Negras disolvéronse afogados por problemas económicos e pola loita contra as autoridades. Produto da influencia contemporánea dos Panteras Negras xurdiron
  • A Sociedade Deportiva Negreira é un club de fútbol galego de Negreira na provincia da Coruña. Foi fundado en 1965 e compite no grupo Norte da Preferente