ⓘ Dalida

                                     

ⓘ Dalida

Iolanda Cristina Gigliotti, nada no Cairo o 17 de xaneiro de 1933 e finada en París o 3 de maio de 1987, coñecida profesionalmente como Dalida, foi unha actriz e cantante franco-exipcia de pais italianos. Gañou o concurso de beleza Miss Exipto en 1954 e comezou unha carreira de 31 anos como cantante en 1956, vendendo 170 millóns de discos e sinxelos en todo o mundo. Suicidouse en 1987.

                                     

1.1. Traxectoria Primeiros anos e carreira

Iolanda Cristina Gigliotti posteriormente o seu primeiro nome foi afrancesado como Yolande naceu en Choubrah, un barrio ás portas do Cairo, en Exipto, no seo dunha familia de clase media. Os seus pais eran inmigrantes calabreses orixinarios de Serrastretta, na provincia de Catanzaro, Italia. Iolanda foi a segunda de tres irmáns. O seu proxenitor era primeiro violín da Ópera do Cairo.

En 1954 foi elixida Miss Exipto. Á elección asistiron tres directores de cinema, co que a vitoria lle abriu as portas do cinema exipcio; Marco de Gastyne contratouna para The Mask of Tutankhamun 1954 e Niazi Mostafa para interpretar a protagonista de A Glass and a Cigarette 1954, nos posters das cales aparece co seu novo nome artístico de Dalida, porque como explicou en 1968, "era un nome moi frecuente en Exipto e gustábame moito". Rexeitou a terceira oferta, un contrato de longa duración por parte dun produtor exipcio, porque Gastyne a aconsellou que tratase de buscar o éxito en París. Así, Dalida tamén decidiu non representar a Exipto en Miss Mundo 1955, mais Exipto finalmente tampouco participou ese ano a causa da crise de Suez. O 25 de decembro de 1954, Dalila deixou Exipto por París.

En 1956 gravou a súa primeira canción, "Madona", unha versión en francés dun éxito de Amália Rodrigues. Seguiuna Bambino, un dos seus grandes éxitos, unha tradución da canción napolitana Guaglione, composta por Giuseppe Fanciulli música e o letrista Nisa. En principio estaba destinada a publicarse na voz de Gloria Lasso, mais Lucien Morisse, director de programación de Radio Europe 1, fíxoa gravala. "Bambino" foi o primeiro número un de Dalida e en 1957 converteuse no número un de maior duración da historia, cun total de 39 semanas consecutivas. Converteu a Dalida nunha estrela da noita á mañá e valeulle o seu primeiro disco de ouro, sendo a primeira muller que conseguía o galardón, o 19 de setembro de 1957, por vendas superiores aos 300 000 exemplares.

En marzo de 1957 presentouse no teatro Olympia de París acompañando a Charles Aznavour e en setembro a Gilbert Bécaud. En decembro de 1961 presentouse no Olympia como estrela principal, con grande éxito.

En 1967 actuou no Festival de Sanremo, xunto coa súa parella o cantautor italiano Luigi Tenco coa canción composta por el "Ciao amore, ciao". Despois de ser rexeitada a composición por un xurado e polo público, Luigi Tenco suicidouse, un asunto aínda non totalmente esclarecido, xa que a finais de 2005 un fiscal italiano reabriu o caso, por mala investigación e arquivo rápido.

En 1975, Dalida volveu poñer de moda a canción "Jattendrai", cantada orixinariamente por Rina Ketty en 1938; é unha adaptación da italiana "Tornerai" letra de Nino Rastelli e música de Dino Olivieri, inspirada nunha melodía de Madama Butterfly.

En 1981 Dalida foi a primeira cantante en recibir un disco de diamante. Ao longo da súa carreira conseguiu cincuenta e cinco discos de ouro cantando en dez linguas, e vendeu un total de 140 millóns de discos.

En 1985 volveu a Exipto para rodar o filme El al-Yawm al-Sadis Le sixième jour en francés, do director Youssef Chaine, que lle deu excelentes críticas, aínda que tamén múltiples lembranzas que a atormentaron durante os seus últimos meses.

                                     

1.2. Traxectoria Falecemento

Nos últimos anos da súa vida, Dalida sufriu de depresión crónica. Actuou por derradeira vez en concerto en Turquía do 26 ao 28 de abril de 1987 no antigo teatro Aspendos, en Antalya. Foi a súa última aparición pública. De volta dos concertos parece apagada: xa non sae, fuma compulsivamente e aumentou o insomnio.

O 2 de maio de 1987, fixo crer aos seus achegados que pola noite iría ver a comedia Cabaret, de Jerome Savary, presentada no Teatro Mogador, e que cearía na cidade con François Naudy. Na realidade, Naudy non confirmou a cita, o que a trastornou. Na noite do 2 ao 3 de maio de 1987, soa na súa casa do 11 bis da rue dOrchampt, suicidouse por unha sobredose de barbitúricos que tragou cun vaso de whisky. A súa axudante descubriu o corpo o 3 de maio ao final da tarde.

A igrexa de San Xoán de Montmartre quedou pequena para o funeral e estes tiveron lugar na igrexa de la Madeleine. Asistiron unhas 40 000 persoas o 7 de maio de 1987.

Deixou dúas cartas, unha ao seu irmán Orlando e outra ao seu compañeiro, así como unha frase probablemente dirixida ao seu público:

                                     

2.1. Véxase tamén Bibliografía

  • Claire Séverac - Cédric Naïmi, Dalida. Ses fans, ses amis ont la parole, Éditions du Rocher, 2008
  • Catherine Rihoit, Dalida, préface dOrlando, Plon, 1998, 2005
  • Bonini, E. 2004. La Véritable Dalida. Éditions Pygmalion.
  • Daniel Lesueur, Largus Dalida: Discographie mondiale et cotations, Éditions Alternatives, 2004
  • C. Daccache - I. Salmon, Dalida, Éditions Vade Retro, 1998
  • P. Saka - Y. Plougastel, La Chanson française et francophone, Éditions Larousse, 1999
  • J. Pitchal, Dalida, tu mappelais petite sœur…, Éditions Carpentier, 2007
  • Joseph Agostini, Dalida sur le divan, Envolume, 2017
  • Frédéric Quinonero, Les années 60. Rêves et Révolutions, Éditions D. Carpentier, 2009
  • Olivier Saillard, Dalida, une garde robe de la ville à la scène, Paris-Musées, 2017
  • Henry-Jean Servat, Dalida, Albin Michel, 2003, 2007
  • Stéphane Julienne - Luigi Gigliotti, Mia zia, ma tante Dalida, Éditions Ramsay, 2009
  • Jacques Pessis, Dalida: une vie…, Dargaud, 2007
  • L. Rioux, 50 ans de chanson française, de Trenet à Bruel, Éditions LArchipel, 1992
  • Bernard Pascuito, Dalida, une vie brûlée, LArchipel, 2007
  • M. Gilbert Carpentier, Merci les artistes, Éditions Anne Carrère, 2001
  • David Lelait, Dalida, dune rive à lautre, Payot, 2004
  • A. Ravier, Dalida passionnément, Éditions Favre, 2006
  • Isaline, Dalida, entre violon et amour, Éditions Publibook, 2002
  • Jacques Brachet, Du Nil à la scène, Édition la Nerthe, 2002
  • G. Borgna, LItalia di Sanremo, A. Mondadori, 1999
  • J. Barnel, Dalida, la femme de cœur, Éditions du Rocher, 2005
  • Mario Luzzatto Fegiz, Morte di un cantautore. Biografia di Luigi Tenco, Gammalibri, 1977


                                     
  • Coordenadas: 38 55 15 N 121 38 21 L 38.92083, - 121.63917 Dalian 大连 en chinés simplificado 大連 en chinés tradicional Dàlián en pinyin é unha cidade
  • A dalia é unha planta ornamental pertencente ao xénero Dahlia, un xénero botánico pertencente á familia Asteraceae. De raíz tuberosa, cultívase polas
  • Dalai Lama, é un monxe da escola Gelug ou Sombreiro Amarelo do budismo tibetano, a máis nova das escolas do budismo tibetano fundada por Je Tsongkhapa
  • Daler Singh Mehndi, nado 18 de agosto de 1967 en Patna, Bihar, é un cantante e produtor musical indio. Páxina oficial de Daler Mehndi
  • e Dalida Foi interpretada por ambos durante a fase preliminar do Festival da Canción de Sanremo de 1967. A idea de gravar a canción xunto a Dalida xurdiu
  • Dale Crover é un EP do batería da banda Melvins Dale Crover, editado no ano 1992 polo selo Boner Records. Todos os temas compostos por Dale Crover. Hex
  • Dale Crover, nado o 23 de outubro de 1967 en Aberdeen, Washington, é o batería da banda Melvins. Toca tamén en The Men of Porn e por un tempo tocou con
  • Anak Dalita é un filme filipino de 1956 dirixido por Lamberto V. Avellana. O filme foi escollido como candidato de Filipinas para o Óscar ó mellor filme
  • O aeroporto de Dala ou aeroporto de Borlänge IATA: BLE, ICAO: ESSD é un aeroporto sueco situado ao sueste de Borlänge, unha cidade na provincia de Dalarna