ⓘ Franz Loidl

                                     

ⓘ Franz Loidl

Franz Loidl, nado o 16 de marzo de 1905 en Ebensee e finado o 26 de xullo de 1987 en Payerbach foi un sacerdote católico latino austríaco, escritor e historiador en materia eclesiástica, austríaca e cultural.

                                     

1. Traxectoria

Franz Loidl foi ordenado sacerdote en 1931. Logo da súa habilitación en 1941, Loidl foi até 1945 capelán da parroquia de Santo Agostiño de Viena así como capelán de hospital e militar do distrito militar XVII. Neste cargo, acompañou a moitos condeados a morte no momento da súa excecución.

Logo da guerra, Franz Loidl estivo en Ebensee, e entrou por vez primeira no campo de concentración de Ebensee o 8 de maio de 1945 para buscar sacerdotes prisioneiro. Estivo acudindo ao campo a diario durante dúas semanas, onde documentou a liberación. En 1946 escribiu a súa Habilitación en Historia eclesiástica e Patroloxía na Universidade de Viena. En 1950 pasou a ser profesor da Facultade de Teoloxía da Universidade de Viena, onde obtivo en 1953 a Cátedra de Historia da Igrexa e Patroloxía que mantivo até 1975. Entre 1958 e 1965 foi tamén director do Arquivo Diocesano de Viena, e membro da xunta do DÖW dende a súa fundación.

                                     
  • and West en inglés W.B. Eerdmans Publishing. ISBN 9780802836724. Loidl Franz 1987 Josyf Kardinal Slipyj und seine ukrainische Kirche en alemán