ⓘ Luis Quintas Goyanes

                                     

ⓘ Luis Quintas Goyanes

Luis Quintas Goyanes, nado en Santiago de Compostela en 1907 e finado na Coruña o 25 de febreiro de 1987, foi un pintor galego e VIII marqués de Almeiras.

                                     

1. Traxectoria

Naceu en Compostela mais viviu sempre na Coruña. Iniciouse na pintura a idade temperá e foi discípulo de Castelao.

En 1925 participou na Exposición Nacional de Belas Artes. Obtivo a praza de catedrático de Debuxo na Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos da Coruña e foi profesor de debuxo no instituto Eusebio da Guarda. O seu prestixio permitiulle ingresar na Real Academia Galega de Belas Artes e ser nomeado director do Museo Provincial de Belas Artes da Coruña, cargo que ocupou durante 17 anos. Neste tempo promoveu a adquisición de novos fondos, a restauración de cadros danados e a organización de destacadas exposicións.

Quintas Goyanes distinguiuse especialmente como retratista. Destacan os seus retratos de varios alcaldes coruñeses e o de Xoán Carlos I que se conservan no palacio de María Pita, así como os que fixo do tenor Miguel Fleta, un dos cales se conserva no Teatro Real de Madrid. Foi ademais un magnífico paisaxista da natureza galega e a súa actividade artística tamén abrangueu a ilustración de pergameos, libros e carteis.

                                     

2. Recoñecementos

Foi membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes e membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. Concedéuselle a encomenda con placa de Afonso X o Sabio e ostentou o título de VIII marqués de Almeiras. Unha rúa do polígono residencial de Matogrande, na Coruña, leva o seu nome desde 1994.

                                     
  • ferroviario Amadeo Goyanes La Voz de Galicia en castelán 1 de abril de 2015. Consultado o 8 de maio de 2019. Amadeo Goyanes un ferroviario monfortino
  • J.J. Barcia Goyanes Nacho Duato se siente coruñés Juan José Barcia Goyanes Presidentes da deputación da Coruña Juan José Barcia Goyanes no Álbum da Ciencia
  • Luis Moure Mariño ou Luis Moure - Mariño, nado en Escairón, O Saviñao, en 1915 e falecido na Coruña o 6 de novembro de 1999, foi un escritor galego. Estudante
  • Lucio Muñoz Lugrís Vadillo Luis Alcántara Luis Borrajo Luis França Machado Luis Gordillo Luis Limes Ambros Luis Mosquera Luis Torras Mampaso Manolo Valdés
  • José Luis Méndez se jubila como director general de Caixa Galicia Arquivado 18 de setembro de 2010 en Wayback Machine., Xornal, 16 9 2010 José Luis Méndez
  • Elixio Rivas Quintas nado en Fondo de Vila A Abeleda, Xunqueira de Ambía o 31 de agosto de 1925, é un irmán paúl, profesor, lingüista e etnógrafo galego
  • O 19 de outubro de 1997 celebráronse as quintas eleccións ao parlamento de Galicia. Sobre un censo de 2.565.369 electores, os votantes foron 1 603 731
  • engadirían posteriormente José María Iglesias, Salvador Victoria, José Luis Fajardo, José Luis Morales y Marín e José Manuel Caballero Bonald. Hai obra de Caruncho
  • Fillo do oculista Manuel Sánchez Mosquera e sobriño de Juan José Barcia Goyanes percibiu precozmente o seu ambiente familiar: a cátedra universitaria
  • por Estúrdiga materia. Luís González Tosar na BVG. Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. Gonzalez Tosar, Luis Gran Enciclopedia Galega