ⓘ Alfredo Oscar Saint-Jean

                                     

ⓘ Alfredo Oscar Saint-Jean

Alfredo Oscar Saint-Jean, nado en Chascomús o 8 de novembro de 1926 e finado no mesmo lugar o 1 de setembro de 1987, foi un militar arxentino que ocupou brevemente a presidencia da Nación durante a última ditadura militar tras a renuncia de Leopoldo Galtieri. Saint-Jean estivera á fronte da secretaría xeral do exército e da carteira de Interior durante o goberno de Galtieri, desde a cal fora responsable da represión policial da manifestación "Paz, pan e traballo".

Tras a caída de Galtieri o 17 de xuño de 1982, debida á derrota arxentina na Guerra de Malvinas, Saint-Jean padeceu o desprestixio asociado á pobre actuación das forzas terrestres no conflito armado. O disenso interno entre o representante do exército na Xunta Militar, o entón xeral Cristino Nicolaides, e os xefes da armada, Jorge Isaac Anaya e da aviación, Basilio Lami Dozo, permitiulle ocupar interinamente o cargo de Presidente ata o nomeamento o 22 de xuño de Reynaldo Bignone, quen asumiu inmediatamente o cargo, anunciando o inicio do proceso de entrega do poder ás autoridades civís.

Saint-Jean foi procesado pola comisión de 33 delitos nos distintos cargos que ocupou, sobre todo como xefe da Subzona 12, centro e oeste da provincia de Buenos Aires. Quedou en liberdade pola aplicación das leis de Punto Final e Obediencia Debida.

                                     
  • 1932 - 2018 BnF Catalogue Général. Giard, Jean - Baptiste Digital Library Numis. Amandry, M. 2018 Jean - Baptiste Giard 1932 - 2018 En Coins Weekly
  • debilitantes. Riva gañou o BAFTA e foi candidata ao Oscar á mellor actriz. Viaxou á cerimonia dos Oscar que tiña lugar no seu 86º aniversario, pero perdeu
  • O Limoges Cercle Saint - Pierre, comunmente coñecido como Limoges CSP, é un club de baloncesto profesional francés con sede na cidade de Limoges, Lemosín
  • traballaban nunha pousada. Tras rematar os estudos primarios no colexio de Saint - Nazaire, comezou os secundarios no instituto de Nantes, durante estes anos
  • A 27.ª entrega dos premios Óscar tivo lugar o día 30 de marzo de 1955 no RKO Pantages Theatre dos Ánxeles Estados Unidos Os mestres de cerimonias foron
  • lle dese, segundo o seu interese, conseguindo así o beneficio dos demais. Saint - Simon 1760 - 1825 era un sociólogo francés que creou un sistema industrial
  • Ríos, investigador e xornalista galego m. 1991 29 de xuño - Antoine de Saint - Exupéry, escritor e piloto francés m. 1944 5 de xullo - Bernardus Johannes
  • sentimental, na que destacan nomes como Gustave Doré, Victor Hugo, Jean Mounet - Sully, Jean Richepin, Philippe Garnier, Gabriele d Annunzio, e Eduardo, Príncipe
  • originaire de la Haute - Auvergne. Saint - Joseph, O Cairo. 1936 Généalogie de la famille Pagès de Valuéjols Cantal et de Riom. Saint - Joseph, O Cairo. 1936
  • Corse Partinico, Martigné - sur - Mayenne. ISBN 9782717724929 2013 Saint - Jean - d Ardières Rhone Magny - Cours Nièvre Gisors Eure et autres trésors
  • Georges Charles Le Rider, nado o 27 de xaneiro de 1928 en Saint - Hernin, no departamento francés de Finistère, e finado o 3 de xullo de 2014 en Givors
  • University Press. ISBN 9780521582315 1937 Les annales de Saint - Pierre de Gand et de Saint - Amand. Palais des Académies. Bruxelas. 1937. 1966 Bibliographie
  • 1988: Toni Morrison Beloved 1989: Anne Tyler Breathing Lessons 1990: Oscar Hijuelos The Mambo Kings Play Songs of Love 1991: John Updike Rabbit