ⓘ John Huston

                                     

ⓘ John Huston

John Huston, nado en Nevada o 5 de agosto de 1906 e finado o 28 de agosto de 1987, foi un director, guionista e actor de cinema norteamericano.

                                     

1. Traxectoria

Foi un personaxe inquedo, xa que tamén foi boxeador, xornalista, novelista, militar, criador de cabalos, cazador, coleccionista de arte. De feito, na súa adolescencia chegou a ser un campión de boxeo e exerceu como agregado militar estadounidense no exército mexicano. Contraeu o seu primeiro matrimonio á temperá idade de 20 anos. Viviu como pintor na rúa en París durante unha tempada, traballou como actor e foi redactor nunha revista neoiorquina.

Comezou no cine como extra nalgunha película, como O home de palla, Santos do inferno ou The Storm. Grazas ao seu pai, que era actor, foi guionista de varias películas de William Wyler A casa da discordia ou Jezebel e traballou nunha cantidade impresionante de guións durante a década de 1930 e principios dos anos 1940. A súa primeira película como director, da que tamén foi guionista, O falcón maltés, segue sendo considerada unha obra mestra da historia do cine, con Humphrey Bogart como protagonista. As súas seguintes películas importantes tamén estiveron protagonizadas por Bogart: O tesouro de Serra Madre e Key Largo.

A raíña de África, outra das súas obras mestras, rodada en 1951, demostrou ao seu equipo ata onde estaba disposto a chegar para rodar unha película, rodando na República do Congo, con mosquitos, calor e todo tipo de enfermidades. Errol Flynn e Trevor Howard tamén sufriron grandes penalidades durante a rodaxe de As raíces do ceo no Chad.

Con todo, a súa carreira tivo certa irregularidade, ao aceptar dirixir películas como A Biblia, producida por Dino de Laurentiis; Annie ; Evasión ou vitoria, ou Casino Royale, película de James Bond que contou con cinco directores distintos.

A pesar diso, seguiu facendo grandes películas posteriormente, como Reflexos nun ollo dourado ou Debaixo do volcán.

Tivo ocasión de dirixir ao seu propio pai, o oscarizado actor Walter Huston, en polo menos cinco longametraxes, e tamén dirixiu á súa filla, Anjelica Huston, en A honra dos Prizzi e en Dublineses, entre outras.

Faleceu en Middletown Rhode Island dun enfisema. Pódese afirmar que Huston é un dos grandes directores da historia recente do cine.

                                     

2. Filmografía como director

  • Freud, paixón secreta 1962
  • Wise Blood 1979
  • A burla do demo 1953
  • Moulin Rouge 1953
  • Sinful Davey 1969
  • O home que puido reinar 1975
  • Dublineses. Os mortos 1987
  • The Battle of San Pietro 1945
  • A noite da iguana 1964
  • Heaven Knows, Mr. Allison 1957
  • Fat City 1972
  • Vidas rebeldes 1960
  • The Life and Times of Judge Roy Bean 1972
  • A lista de Adrian Messenger 1963
  • A Biblia 1966
  • Report from the Aleutians 1943
  • Os que non perdoan 1960
  • In This Our Life 1942
  • Casino Royale 1967
  • O home de MacKintosh 1973
  • The Red Badge of Courage 1951
  • A carta do Kremlin 1970
  • A raíña de África 1951
  • Prizzis Honor 1985
  • Moby Dick 1956
  • Reflections in a Golden Eye 1967
  • Key Largo 1948
  • The Treasure of the Sierra Madre 1948
  • A Walk with Love and Death 1969
  • A xungla do asfalto 1950
  • As raíces do Ceo 1958
  • Annie 1982
  • We Were Strangers 1949
  • Evasión ou vitoria 1981
  • Phobia 1980
  • Debaixo do volcán 1984
  • O bárbaro e a gueixa 1958
  • Let There Be Light 1946
  • Across the Pacific 1942
  • The Maltese Falcon 1941
                                     

2.1. Filmografía como director Como guionista

  • The Maltese Falcon 1941 - adaptación
  • The Treasure of the Sierra Madre 1948 -
  • Moulin Rouge 1952 - con Anthony Veiller
  • A burla do demo 1953 - con Truman Capote
  • High Sierra 1941 - con W.R. Burnett
  • Jezebel 1938 -
  • Key Largo 1948 - con Richard Brooks
  • Moby Dick 1956 - con Ray Bradbury
  • We Were Strangers 1949 - con Peter Viertel
  • Sergeant York 1941 -
  • Mr. North 1988 - con Janet Roach, & James Costigan
  • Heaven Knows, Mr. Allison 1957 - con John Lee Mahin
  • O home que puido reinar 1975 - con Gladys Hill
  • Os asasinos 1946 - con Anthony Veiller
  • A raíña de África 1951 - con James Agee
  • A noite da iguana 1964 - con Anthony Veiller
  • Three Strangers 1946 con Howard Koch
  • The Amazing Dr. Clitterhouse 1938 - con John Wexley
  • Murders in the Rue Morgue 1932 con Tom Reed & Dale Van Every


                                     

2.2. Filmografía como director Como actor

Non inclue filmes nos que tamén foi director

  • Rocky Road to Dublin Documentary as Interviewee, 1968, director: Peter Lennon
  • Angela 1978, dir: Boris Sagal
  • Myra Breckinridge 1970, dir: Michael Sarne
  • The Bermuda Triangle
  • Lovesick 1984, dir: Marshall Brickman
  • Breakout 1975
  • A Minor Miracle 1983, dir: Raoul Lomas
  • The Wind and the Lion 1975, dir: John Milius
  • Battle for the Planet of the Apes 1973, dir: J. Lee Thompson
  • Candy 1968, director: Christian Marquand
  • O cardeal 1963, dir: Otto Preminger
  • Rufino Tamayo: The Sources of his Art documentary 1972, dir: Gary Conklin
  • Winters Kills 1979, dir: Willam Richert)
  • Notes from Under the Volcano documentary como si mesmo, 1984, dir: Gary Conklin
  • De Sade 1969, dir: Cy Endfield
  • The Visitor 1979, dir: Giulio Paradisi
  • The Bridge in the Jungle 1971
  • Man in the Wilderness 1971, dir: Richard C. Sarafian
  • The Greatest Battle 1978, dir: Umberto Lenzi
  • Chinatown 1974, dir: Roman Polanski
  • Tentacles 1977, dir: Ovidio G. Assonitis
  • Momo 1986, dir: Johannes Schaaf
                                     
  • da actriz Anjelica Huston e do guionista Tony Huston todos fillos do director e actor John Huston Huston comezou a súa andaina no mundo do cine co filme
  • 1950 foi un actor canadense. Foi o pai do director John Huston e avó de Anjelica Huston e Danny Huston Fillo de granxeiros, debutou no teatro en 1902
  • estadounidense. Anjelica Huston é a filla do director John Huston e a neta do actor Walter Huston Pasou a meirande parte da súa infancia entre Irlanda
  • de África en inglés: The African Queen é unha película dirixida por John Huston no ano 1952. Está baseada na novela do mesmo título de C. S. Forester
  • estadounidense de 1966 producido por Dino De Laurentiis e dirixido por John Huston Conta os primeiros 22 capítulos do libro da Xénese, abranguendo as historias
  • Maltese Falcon é un filme de xénero negro estadounidense dirixido por John Huston en 1941. Está baseado na novela homónima de Dashiell Hammett, protagonizada
  • John Huston Está protagonizado por Humphrey Bogart, Jennifer Jones e Gina Lollobrigida, xunto con Robert Morley, Peter Lorre e Bernard Lee. Huston e
  • estadounidense de 1958 dirixido por John Huston Foi producido por Eugene Frenke, e está protagonizado por John Wayne, Sam Jaffe, e a actriz xaponesa
  • Pavilion dos Ánxeles Estados Unidos Os mestres de cerimonias foron John Huston Diana Ross, Burt Reynolds e David Niven. Os gañadores aparecen en primeiro
  • Chamberlain como Allan Quatermain Sharon Stone como Jesse Huston Herbert Lom como Bockner kolonela John Rhys - Davies como Dogati Ken Gampu como Umbopo June Buthelezi
  • inglés The Asphalt Jungle é un filme estadounidense de 1950 dirixido por John Huston e protagonizado por Sterling Hayden e Jean Hagen. Está considerado un